Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.938

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso 6/1999 para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG número 235, do 7 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las relacións provisionais de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 6/1999, para a

provisión de postos de traballo afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación da Xunta de Galicia.

Ámbalas relacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais, na Dirección Xeral da Función Pública e no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para formular, se é o caso, as alegacións pertinentes, de conformidade co establecido na base V.2.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública