Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza de diversos centros.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza que se indican:

-Expediente: 11/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social do Calvario, sito na rúa Numancia nº 3 de Vigo:

Orzamento base de licitación: 7.680.000 ptas. ó ano (sete millóns seiscentas oitenta mil pesetas). 640.000 ptas. ó mes

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se esixe.

-Expediente: 12/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social de Coia, sito na rúa Cangas nº 5 de Vigo:

Orzamento base de licitación: 4.930.000 ptas. ó ano (catro millóns novecentas trinta mil pesetas). 410.833 ptas. ó mes.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se esixe.

-Expediente: 13/2000.

Servicio de limpeza na Residencia da 3ª Idade de Marín, sita na rúa Ezequiel Massoni, nº 9 de Marín:

Orzamento base de licitación: 12.200.000 ptas. ó ano (doce millóns duascentas mil pesetas). 1.016.666 ptas. ó mes.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

-Expediente: 14/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social de Teis, sito na rúa Buenos Aires, s/n de Vigo:

Orzamento base de licitación: 4.925.000 ptas. ó ano (catro millóns novecentas vintecinco mil pesetas). 410.416 ptas. ó mes.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se esixe.

-Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

5. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995.

6. Criterios de adxudicación: os expostos na cláusula 11 das follas de especificacións incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n, código postal: 36202, teléfono: 986 81 72 00, fax: 986 81 72 01) durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

9. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados, en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 9 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra