1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e equipamento de bodega para a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: un.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: un mes no ano 2000Un mes, febreiro ano 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vinteseis millóns cento setenta mil pesetas (26.170.000 ptas.) (157.285 euros).
5. Garantías.
Provisional: 523.400 ptas. (3.146 euros).
Definitiva: 1.046.800 ptas. (6.291 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Teléfono: 981 54 66 81.
e) Telefax: 981 54 66 76.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Clasificación esixida.
Exenta.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 3 de abril de 2000.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.
d) Data: 11 de abril de 2000.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria