Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións denominado punto de entrega a armario de regulación (APA/MPB) e rede de subministración a Polusa e Aqualife, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (Expediente 00/1-0G).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto denominado punto de entrega a armario de regulación (APA/MPB) e rede de subministración a Polusa e Aqualife, declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo en Área Central, r/ Lisboa s/n, local 31-HIJ, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio, do 14 de outubro de 1993, para a prestación do servicio público de subministración de gas natural en distintos termos municipais da provincia de Lugo, entre os que se atopan o de Lugo, concesión que deveu en autorización conforme establece a disposición transitoria décimo quinta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións denominado punto de entrega a armario de regulación (APA/MPB) e rede de subministración a Polusa e Aqualife.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103

e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as ditas características afectan o termo municipal de Lugo, e son as que se expoñen a continuación:

O encanamento de entrada ten a súa orixe no gasoducto de 8" de diámetro que discorre por un camiño fronte a Aqualife e despois pola antiga estrada a Santiago de Compostela. A conducción cruza o camiño e chega ó armario de regulación que se sitúa no xardín da entrada de Aqualife.

A conducción continúa soterrada polo camiño, bordeando o cercado de Aqualife para, ó chegar fronte ó edificio, deixa-la válvula de acometida.

A conducción cruza o camiño e continúa pola antiga estrada a Santiago de Compostela, inicialmente en paralelismo coa conducción de gas de 8'' de diámetro e posteriormente próximo á beirarrúa ata chegar ó camiño das Regas, para despois abandonalo e continuar por outro entre os chalés e unha nave industrial ata chegar ó Hospital Polusa.

A lonxitude da conducción neste concello é de 963 m.

Termos municipais afectados: Lugo.

Orzamento: o orzamento ascende a sete millóns oitocentas cincuenta mil oitocentas setenta pesetas (7.850.870 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous: para os encanamentos:

a) Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cun largo de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del.

Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así coma de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación do encanamento e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso de liñas, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo onde se establece a imposición de servidume permanente de paso terá como largo o da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a 1,5 metros, a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados segundo se reflicte no anexo.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais

titulares afectados polo dito proxecto. A dita relación insírese ó remate deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla 70, e presentar por triplicado nos ditos centros

as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

ANEXO

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: punto de entrega a AR. e rede de subministración a Polusa e Aqualife

Termo municipal de Lugo:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

LU-LU-1Concello de Lugo

Pza. Maior, s/n, 27001 Lugo

52301Pista asfaltada

LU-LU-2Aqualife

Estr. vella de Santiago de Compostela, 310, 27294 Lugo

1854Xardín

LU-LU-3Ministerio de Fomento

Ronda da Muralla, 132, 27071 Lugo

2801.802Estrada

LU-LU-4Concello de Lugo

Pza. Maior, s/n, 27001 Lugo

1601.198Pista asfaltada

LU-LU-5Concello de Lugo

Pza Maior, s/n, 27001 Lugo

3101.520Camiño

LU-LU-6Polusa

San Lázaro da Ponte, s/n, 27297 Lugo

165922Camiño, aparcamento

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados instalacións auxiliares.

Proxecto: punto de entrega a AR. e rede de subministración a Polusa e Aqualife

Termo municipal de Lugo:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

LU-LU-1-POConcello de Lugo

Pza. Maior, s/n, 27001 Lugo

008Pista asfaltada

LU-LU-2-POAqualife

Estr. vella de Santiago de Compostela, 310, 27294 Lugo

004Xardín

LU-LU-6-POPolusa

San Lázaro da Ponte, s/n, 27297 Lugo

004Aparcamento, camiño

Abreviaturas empregadas: PO=posición.