Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000 sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para prolongación de beirarrúas e servicios na rúa Nova do Pincho a Outeiro no concello de Carral.

-O Concello de Carral remitiulle á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda na Coruña, expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a prolongación de beirarrúas e servicios na rúa nova do Pincho a Outeiro, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-A Corporación Municipal do Concello de Carral acordou inicia-lo proxecto de expropiación forzosa o 23 de novembro de 1998 e foi sometido a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no DOG nº 128, do 6 de xullo de 1999 e no xornal La Voz de Galicia, do 9 de xuño de 1999.

Terceiro.-As taxacións fóronlles notificadas individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

Cuarto.-A Corporación Municipal do Concello de Carral, en sesión plenaria do 20 de setembro de 1999, acordou aproba-los informes relativos ás alegacións presentadas polos interesados en relación co proxecto de expropiación, e remitilo á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña para a súa aprobación definitiva, tal como sinala o artigo 145.6º da LSG.

Quinto.-No Concello de Carral están vixentes as normas subsidiarias municipais aprobadas o 18 de novembro de 1993.

Os terreos que se pretenden expropiar están clasificados segundo o planeamento vixente como solo urbano, destinados a viario público, sendo aplicable ós terreos estremeiros a ordenanza 1 «de solo urbano residencial de edificación entre medianeiras» e a ordenanza 2 «de solo urbano de edificación residencial de baixa densidade».

Segundo o artigo 54 da LSG «A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística e de delimitación de polígonos que se vaian desenvolver polo sistema de expropiación implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados, para os fins de expropiación ou imposición de servidumes». Á vista deste artigo e en relación co 122 e 153.2º da LSG e 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV), resulta acreditada a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Sexto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ó contido do artigo 28.4º da Lei 6/1998, do 13 de abril, da LRSV.

Sétimo.-A Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, no seu artigo 1 delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, previsto polo artigo 145 da LSG.

Á vista de canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a prolongación de beirarrúas e servicios na rúa Nova do Pincho a Outeiro no Concello de Carral, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146 punto 2º da LSG).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

ParcelaPropietariosSuperficie mValoración

ptas.

1Antonio Insúa AnsTerreo 112 m

Galpón 14 m

671.614

2Herdeiros de Jesús López Martínez: Carmen López Barbeito, María López Barbeito, Asunción López Barbeito, Manuel López Barbeito (hoxe herdeiros) e Francisca López Barbeito.Terreo 184 m

Casa

2.350.165

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigos 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

A Coruña, 18 de xaneiro de 2000.

José Jesús Cudeiro MazairaJose Antonio Fernández Vázquez

Director xeral de UrbanismoSecretario xeral da Consellería

de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda