Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.864

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (220/1999-10).

F. Xavier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 220/1999-10 por instancia dos axentes da policía local números 50 e 54 contra Juan Manuel Mendoza García, nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Juan Manuel Mendoza García, co fin de que o día dezaseis de marzo ás trece dez horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, en caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e sirva de citación a Juan Manuel Mendoza García, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o catorce de febreiro de dous mil.

Rubricado