Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.859

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1715/2000 e dez máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984 do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; e na Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo, poderán acceder os nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar que son eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente nº 2091-300-44-3110000482 de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela (impreso modelo 48/2 «outros ingresos»), a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, achegando o xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución

os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes fixando o seu día, hora e lugar de realización.

Oitava.-No acto de presentación, os e as concursantes entregarán ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos e candidatas que se propoñan para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade, nos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, que acredite a súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto.

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1715/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito procesual.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Público Especial.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: dereito procesual I e II. Santiago de Compostela.

Clase de convocatroria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1716/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias da computación e intelixencia artificial.

Departamento á que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: aplicacións informáticas á enxeñería química. Linguaxe e sistemas de computación. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1717/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía románica.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura románica medieval. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1718/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía románica.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura románica medieval. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1719/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física atómica, molecular e nuclear.

Departamento ó que está adscrita: Física de Partículas.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: física cuántica e física de partículas. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1720/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia e institucións económicas.

Departamento á que está adscrita: Historia e Institucións Económicas.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: historia económica da España contemporánea e historia das relacións económicas internacionais. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1721/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía latina.

Departamento ó que está adscrita: Latín e Grego.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1722/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina e cirurxía animal.

Departamento á que está adscrita: Patoloxía Animal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: obstetricia, patoloxía de reproducción e inseminación artificial. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1723/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina e cirurxía animal.

Departamento ó que está adscrita: Patoloxía Animal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: patoloxía xeral (nosoloxía, fisopatoloxía e propedéutica). Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1724/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicoloxía social.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Social e Básica.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: psicoloxía social e psicoloxía política. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1725/00.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química física.

Departamento ó que está adscrita: Química Física.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: química física. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.