Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 21/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro) de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Gamesa Energía, S.A., con enderezo na avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A de Santiago de Compostela, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV simple circuíto con orixe na subestación do parque eólico Coriscada I (expediente 1/1996), sobre apoios metálicos de celosía e con conductor LA-280, de 5.531 m de lonxitude e final na subestación do parque

eólico Coriscada II da provincia da Coruña. No termo municipal de Ortigueira. (Expediente 15/1998).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 18 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº Exp.: 21/2000.Provincia: A Coruña.

L.A.T. 132 kV s/c Sub. P.E. Coriscada I-Sub. P.E. Coriscada II.Concello: Ortigueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie

ocupada

m

Lonxit. mSuperficie

afectada

m

1VicaloPiñeirosConcello de OrtigueiraPraza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)1, 2, 3 e 46374014.800

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie

ocupada

m

Lonxit. mSuperficie

afectada

m

2VicaloEucaliptosConcello de OrtigueiraPraza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)5 e 6164308.600

3Prado do FoxoMonte baixoHdos. de Enrique Ares Río.

Rep.: Sara Pedre Pedre

Vilariño-Freitido, 15339 Mañón (A Coruña)0621.240

4Prado do FoxoMonte baixoEugenio Pedre BouzaFrancisco Añón, 38, 15010

A Coruña

026520

5Prado do FoxoMonte baixoHdos. de José Antonio Pedre Bouza

Rep.: Jaime Freire Rodríguez

Vilariño-Freitido, 15339 Mañón (A Coruña)028560

6Prado do FoxoMonte baixoCarmen López GaldoBostelo-Freitido, 15339 Mañón (A Coruña)20400

7Prado do FoxoMonte baixoConcepción Cao RodríguezPanda-Freitido, 15339 Mañón (A Coruña)719621.240

8Monte de MañónPiñeiros e monte baixoConcello de OrtigueiraPraza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)8 a 221924.17583.500