Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Lobelle de Arriba-Lobelle de Abaixo, no concello de Carballedo e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 21/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan

coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea, con orixe na L.M.T. ó C.T. Cartelos e remate no C.T. de Lobelle de Arriba, de 670 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Lobelle de Arriba, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Lobelle-Quintá, de 1.680 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 1 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 21/1999. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Lobelle de Arriba e Abaixo.Termo municipal: Carballedo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5RegatoMonte baixoManuel Sánchez BlancoQuintela (A Barrela), 2

27520 Carballedo

2156560

6RegatoMonte baixoManuel Lobelle SánchezAvda. Os Peares, 21

27520 Carballedo

2180800

10CostaMonte altoHros. A. Quintillán Freijidor/ Manuel Murguía, 29-4º A

32005 Ourense

115

12CostiñaMonte baixoHros. A. Quintillán Freijidor/ Manuel Murguía, 29-4º A

32005 Ourense

230

15CostiñaPradoFeliciano Vázquez CousoLobelle de Arriba

27520 Carballedo

411105

17CostiñaPradoFeliciano Vázquez CousoLobelle de Arriba

27520 Carballedo

6 e 781541.540