Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2000, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00522-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral da Inspección de Transportes por delegación do director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do plazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimada e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 de Argentaria, Caixa Postal e Banco Hipotecario, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións, firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso de alzada dentro do prazo e de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 18-5-1999)

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00522-I-1999

M-9939-ID

G.C. Tráfico

LE90RR0032413918

Atlanticobus, S.L.

Polígono de Adormideras Esde. Balea, 7-2º

152 A Coruña

Realizar transporte público regular de viaxeiros de uso especial (escolar) ó colexio privado Videlba de Liáns (Oleiros) co vehículo matrícula M-9939-ID, provisto de autorización da clase VD-N, careciendo da autorización especial para realiza-lo citado transporte, libro de reclamacións e libro de ruta.

19-4-1999; 9.17;

Art. 222.5º do R.D. 1211/1990 e O.M. 25 de outubro de 1990, Art. 89 da Lei 16/1987, Art. 105 do R.D. 1211/1990 e R.D. 2296/1983, Art. 222.3º do R.D. 1211/1990 e O.M. 25 de outubro de 1990.Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990346.000 ptas.