Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.778

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de febreiro de 2000 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 17 de novembro de 1999 (DOG nº 241 do 16 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 17 de novembro de 1999 (DOG nº 241 do 16 de decembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Sixto D'a Silva, Carmen.

NRP: 3323349368AZOSW.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicico de Análises de Sistemas de Información.

Dependencia: Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.