Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.749

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 38/2000, do 28 de febreiro, polo que se acorda encargarlle o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a Venezuela cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa viaxe a Venezuela, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o día 29 de febreiro ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, vinteoito de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente