Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.749

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 37/2000, do 18 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 71/1999, do 18 de marzo, polo que se regulan as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

Para adapta-la normativa ás novas tecnoloxías da información acórdase modifica-lo Decreto 71/1999, do 18 de marzo (DOG nº 63, do 5 de abril de 1999), para incluí-lo novo soporte de comunicación a través de internet.

Por todo o exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo artigo 1º para engadirlle un segundo parágrafo co seguinte teor: «Tamén poden ser beneficiarias das devanditas axudas as empresas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través de internet».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para o desenvolvemento e a execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública