Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Paxareiras II-E. (Expediente 2/1996).

Examinado o expediente instruído por instancias de Eurovento, S.L. Unipersonal, con enderezo para efectos de notificacións en r/ Galeras 17-3º, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-E; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 5 de decembro de 1996, Cristina Guillén Blecua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Paxareiras II-E, de 13,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, o 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 9 de decembro de 1996, publicada no BOP da Coruña do 20 de xaneiro de 1997, no xornal El Ideal Gallego do 20 de decembro de 1996, no DOG do 23 de xaneiro de 1997, no BOE do 17 de xaneiro de 1997 e no taboleiro de anuncios do Concello de Dumbría.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 6 de marzo de 1997, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Paxareiras II-EDumbría492000.00004754000.0000
490000.00004754000.0000
488818.20664762272.5537
492000.00004763333.0000
492000.00004754000.0000

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 13,8 MW.

Producción anual estimada: 45.100 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.201.728.953 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

23 transformadores de 0,690/20 kV, de potencia unitaria 800 kVA, instalados en edificios prefabricados de formigón, coa súa correspondente infraestructura enterrada de evacuación de enerxía.

Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía eléctrica producida no parque eólico de Paxareiras II-E, composta por un transformador 20/66 kV de 26 MVA de potencia e trans

formador de servicios auxiliares 20/0,38 kV de potencia unitaria 250 kVA cos correspondentes equipos de medida, manobra e protección.

Cuarto.-O 23 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Paxareiras II-E, que se situará no concello de Dumbría.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 44.034.579 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en cualquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e os planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 2.201.728.953 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. Unipersonal, no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Energía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 23 de novembro de 1998, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízos de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria