Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación do servicio de xestión de viaxes do Igape.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de xestión de viaxes do persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP nº 01/00.

2. Obxecto do contrato: servicio de xestión de viaxes do persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Período de vixencia: un ano, prorrogable por catro máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 12.000.000 de ptas. (doce millóns de pesetas), Imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compos

tela, en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica