Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 16 de novembro de 1999, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 32089/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle á sociedade mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador simplificado 32089/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio (edificio administrativo San Caetano nº 5, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 32089/1999.

Inculpado: Garpe Asociados de Orense, S.L.

Enderezo: Sto. Domingo nº 15 (Ourense).

Sanción e motivos: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.). Irregularidades na documentación sobre información e venda de vivendas.

Data da resolución: 6-9-1999.

Ourense, 16 de novembro de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo de Ourense