Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a realización dun contrato de consultoría e asistencia para a traducción ó galego do libro de Abel Bouhier La Galice: Essai Géographique d'Analyse et d'Interprétation d'un Vieux Complexe Agraire.

O Consello da Cultura Galega, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Consello da Cultura Galega, praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 56 90 20.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: traducción do francés ó galego do libro de Abel Bouhier: La Galice: Essai Géographique d'Analyse et d'Interprétation dun Vieux Complexe Agraire.

b) Prazo de execución: ata o 28 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e base de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) ou o seu equivalente, vintecatro mil corenta euros con 48 céntimos (24.040,48), impostos incluídos.

5. Garantías:

Provisional: dispensada en virtude do artigo 36.2º da Lei 31/1995.

Definitiva: esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas poderán recollerse nas dependencias do Consello da Cultura Galega, praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 56 90 20.

A data límite para a obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural (13) seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no Rexistro do Consello da Cultura Galega ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación realizará a apertura das proposicións nun acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias do Consello da Cultura Galega, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega