Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador C-1/1999 en materia de espectáculos taurinos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei 10/1991, do 4 de abril, sobre potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 24.1º da Lei 10/1991, do 4 de abril, dentro dos límites fixados neste.

Noméase instructora á xefa do Servicio de Interior, Margarita Olmo Bosco e secretaria a Rosa María García Ramos, posto base grupo B, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real Decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real Decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-;

e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictada resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 11 de febreiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: E. Taurinos C-1/1999.

Denunciado: Andrés Zarco Bermejo.

DNI: 01.032.705.

Enderezo: Cedros, nº 56-2º B, Madrid.

Infracción: revenda non autorizada de localidades da feira taurina da Coruña o día 5 de agosto de 1999.

Precepto infrinxido: artigo 15 n) da Lei 10/1991.

Precepto sancionador: artigo 18.1º a) da Lei 10/1991.

Multa: de 25.000 ptas. a 10.000.000 de ptas.