Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/374-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Esteiro II.

Situación: Pontedeume.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 101 m de lonxitude en conductor LA-56 e C.T. aéreo de 160 kVA a 15000+-2,5-5%/380-220 V denominado Esteiro II e axuste á B.T. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña