Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/282-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pousa.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 107 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Picaraña, apoio nº 13 e final en paso a subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 120 m de lonxitude, con orixe no tramo antes indicado e final no C.T. Pousa existente. Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente..

A Coruña, 31 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña