Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma R.B.T. Niñóns-Brantuas.
Situación: Ponteceso.
Características técnicas: reforma rede de baixa tensión do C.T. Niñóns de 1.060 m de lonxitude, en conductor R.Z. Concello de Ponteceso.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña