Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Leiro-Casal.
Situación: Miño.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 16 m de lonxitude, con orixe na liña nº 5 das que saen da subestación do Pedrido e final no C.T. Leiro-Casal, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Leiro-Casal, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 412 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. Miño
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña