Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a subministración de gasóleo A, con destino ó parque de maquinaria.

Obxecto: subministración de 170.000 litros de gasóleo A para máquinas e vehículos, conforme as características técnicas que figuran no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 17.850.000 ptas., IVE incluído (107.280,66 euros).

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso, figuran no expediente que existe no Servicio de Contratación.

Plicas: durante 26 días naturais contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% e a definitiva do 4%, ámbalas dúas do tipo de licitación.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado