Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan especial de mellora do núcleo 06.05 Monte da Falcoa (Castrelos) (expediente 4577/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de decembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o plan especial de mellora do núcleo 06.05, Monte da Falcoa, na parroquia de Castrelos, e documentación corrixida á vista das alegacións formuladas sobre relación de propietarios e plano parcelario con data de abril de 1999, redactado polos arquitectos Cesáreo Estévez García, Carlos Falagán Mota e Morrella Thais Felipe Flores.

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que a normativa e ordenanzas de aplicación serán publicadas no BOP.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admistracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 26 de xaneiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo