Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 383/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2000 adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente a alegación presentada por Norberto Rodríguez González no seu propio nome e no da súa dona Alicia González Gómez, contra o acordo da Comisión Municipal de Goberno do 25 de novembro de 1999 polo que se aproba inicialmente, por instancia de Manuel Freijeiro Mato, presidente da Xunta de Compensación do Sector A-6 do PXOU de Ourense, o proxecto de ocupación dos terreos de Norberto Rodríguez González e a súa dona Alicia González Gómez, na súa condición de propietarios non incorporados á Xunta de Compensación do Sector A-6 e se somete a información pública tanto o proxecto de ocupación de terreos arriba mencionado como o proxecto de compensación do sector A-6 do PXOU de Ourense, aprobado inicialmente pola xunta de compensación do dito sector na sesión do día 2 de novembro de 1999, baseado no informe xurídico do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística con data do 8 de febreiro de 2000, que se transcribirá ó interesado para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do sector A-6 do PXOU de Ourense e de ocupación dos terreos de Norberto Rodríguez González e a súa dona Alicia González Gómez, na súa condición de propietarios non incorporados á Xunta de Compensación do Sector A-6.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 17 de febreiro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde