Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Que o Concello de Ourense en sesión ordinaria do día 4 de febreiro de 2000 adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobación, se procede, do expediente de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a execución da obra de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana 2ª fase.

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados polo texto refundido da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana 2ª fase polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados polo texto refundido da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana, para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana da 2ª fase, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia nun periódo dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificarlles individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

4. Delegar na Comisión de Goberno os sucesivos trámites, nomeando como representante da Administración a José Luis Rodríguez Cid e como perito a Cándido Ortells Carbonell.

Ourense, 16 de febreiro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio/propietario/natureza/situación/superficie que se vai expropiar/construccións e outros elementos/plantancións e cultivos/prezo xusto para o propietario/outro dereito para expropiar/titular do dereito/prezo xusto do dereito.

20/Aurita Prada Temes/urbana/nº 5 da travesía baixada ó río Miño/143,00 m/si/si/1.136.314 ptas.

20/Isaac Pérez Álvarez/urbana/nº 4 da travesía baixada ó río Miño/179,20 m/si/si/1.979.876 ptas.

21/herdeiros de Argentina Blanco Blanco/urbana/nº 3 da travesía baixada ó río Miño/204,88 m/si/si/3.251.158 ptas.

22/Manuel Justo Gómez/urbana/nº 2, esquerda da travesía baixada ó río Miño/212,45 m/si/si/5.897.340 ptas./aluguer do primeiro esquerda/Mª Esther Iglesias Touceiro/1.417.500 ptas.

23/Celia Crespo Vázquez/urbana/nº 2, dereita da travesía baixada ó río Miño/233,71 m/si/si/5.776.966 ptas.

24/Hilario Crespo Álvarez/urbana/nº 1, baixo da travesía baixada ó río Miño/173,00 m/si/si/3.583.945 ptas.

24A/Elvira Cordeiro Pérez/urbana/nº 1, primero da travesía baixada ó río Miño/42,00 m/si/non/2.356.909 ptas.