Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (297/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Padrón (A Coruña).

Fago saber que nesta secretaría do meu cargo e co número 297/1999, se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 82 e seguintes da Lei de hipoteca mobiliaria por instancia de José Manuel Peiteado Penas, contra Comercial Maderera Fares, S.L., sobre reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución do día da data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e prazo de dez e quince días, o ben que logo se dirá, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na secretaría deste xulgado, o vindeiro día 10 de marzo de 2000, ás 11.30 horas, coas seguintes prevencións:

Primeira.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segunda.-Tódolos licitadores, con excepción do acredor, para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, Banco Bilbao Vizcaya, S.A., número 1575-0000-18-297-99, unha cantidade igual cando menos ó 20% do valor do ben que sirva de tipo, facendo consta-lo número e

ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos. Tampouco se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceira.-Non se poderá participar na poxa coa calidade de cederlle-lo remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinta.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra segundo do artigo 84 da Lei de hipoteca mobiliaria, están de manifesto na secretaría do xulgado.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 31 de marzo de 2000, ás 11.30 horas, sen suxeición a tipo, séndolle de aplicación as demais prevencións da primeira.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa o día e hora que se sinalaron, entenderase que terá lugar no seguinte día hábil, á mesma hora, bardante os sábados.

O presente edicto servirá de notificación para o debedor no caso de que non se puidese levar a efecto no seu domicilio.

Bens que se sacan a poxa:

Primeira.-Secadoiro para madeira, marca Bano Wood Secalegno, modelo WSL 30 CC, con capacidade de trinta metros cúbicos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 1 de Hipotecas Mobiliarias, folio 71, inscrición primeira, da hipoteca mobiliaria número 29.

A devandita maquinaria está instalada nunha nave almacén, propiedade da sociedade hipotecante, que figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 546, libro 179, folio 57, predio 12.237.

Taxada, para os efectos da poxa, na cantidade de 3.180.923 pesetas.

Padrón, 10 de febreiro de 2000.

O secretario

Rubricado