Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (171/1999).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita o expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 171/1999, promovido por Marcelina Cordeiro Gerpe, sobre declaración de falecemento do seu tío Jesús Cordeiro Barcia, nacido no lugar de Vento-Santa Comba o 29 de marzo de 1905, emigrado a Cuba e do que se tivo as derradeiras noticias en 1963.

O que, para os fins previstos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante este edicto, o cal se publicará no BOE e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o 5 de outubro de 1999.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado