Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a adquisición de sinais reflectantes con destino a vías provinciais e municipais.

Obxecto: subministración de sinais reflectantes para as vías provinciais e municipais, segundo a relación que figura no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 28.521.239 ptas., IVE incluído (171.416,09 euros).

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso, figuran no expediente existente no Servicio de Contratación.

Plicas: durante 26 días naturais contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% e a definitiva do 4%, ámbalas dúas do tipo de licitación.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado