Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización dos traballos para a edición da revista Lucus, número 45 e suplementos.

3. Orzamento: 11.450.000 pesetas.

4. Prazo de execución: 30 días.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada no Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 37, con data do 15 de febreiro de 2000.

Lugo, 15 de febreiro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo