Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 2000, acordou:

«Co obxecto de estudia-la formación de plans especiais coas finalidades que en cada caso se indican, o Pleno Municipal, por proposta da Alcaldía, adoptou o seguinte acordo:

1. Delimita-las seguintes zonas ou áreas dentro do termo municipal:

A) Área situada en Vilaboa-Rutis que comprende as unidades de actuación 29, 30, 58, 59 e UE 1, un espacio de Ordenanza 3 que une as unidades 29, 30 e UE 1 coas unidades 58 e 59 e outro espacio de Ordenanza 13 que linda polo norte coa A-9, polo sur con edificio existente e unidades 29 e 30 e polo oeste coa Avda. de Vilaboa.

O obxecto da delimitación é estudia-la formación dun plan especial de reforma interior en solo urbano coa finalidade de crear dotacións e equipamentos (parque urbano).

B) Área situada no Burgo, entre a UA 66 e a r/ Visitación da Encina. Comprende as unidades de actuación 40, 41, 39, 38, 37, 36, 35 e 33, un espacio de solo urbano de Ordenanza 4 que linda polo norte co edificio nº 4 da r/ Visitación da Encina e coa UA 34, polo sur coa UA 38, polo este coa r/ Visitación da Encina e polo oeste unidades 34 e 37, e outro espacio de Ordenanza 4 que linda polo norte co edificio en construcción (promoción de Prolago, S.L.), polo sur coa UA 35, polo leste coa UA 33 e polo oeste coa r/ Mosteiro Sobrado.

O obxecto da delimitación é estudia-la formación dun plan especial de reforma interior en solo urbano coa finalidade de desconxestiona-la zona e resolver problemas de circulación.

C) Área situada no Burgo que linda polo norte coa r/ da Paz, sur e este co ámbito do plan especial 1 da ría e oeste coa LC-211.

O obxecto da delimitación é estudia-la formación dun plan especial de reforma interior en solo urbano para resolución de problemas estétitos (regularización de fachada marítima).

D) Área situada na Corveira-Rutis, que comprende a UA 9 e outros terreos urbanos de Ordenanzas 3 e 4. A área delimitada linda polo norte coa r/ Castelao, leste coa CN-550, oeste coa r/ Vilar Ponte e sur coa UA 71, edificio nº 187 da Avda. de Vilaboa e arco de circunferencia que une a r/ Gómez Pérez das Mariñas á altura da UA 71 coa r/ Vilar Ponte á altura do nº 21.

O obxecto desta delimitación é estudia-la formación dun plan especial de reforma interior en solo urbano para a creación de dotacións urbanísticas e resolución de problemas de circulación.

2. Suspender nas zonas delimitadas o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación e edificación, de conformidade co establecido no artigo 34 da Lei do solo de Galicia, polo prazo máximo dun ano.

3. Que se proceda á publicación deste acordo no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación.

4. Determinar que este acordo esgota a vía administrativa e que contra el se poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes, ou impugnarse directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte á súa publicación.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa mentres non se resolva aquel, o que deberá realizarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, contados, respectivamente, desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso (artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de RJAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46.1º.3 da Lei da JCA)».

Culleredo, 20 de xaneiro de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde