Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica consistente na elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos nos concellos de Nigrán e Mazaricos.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos nos concellos de Nigrán e Mazaricos.

2.2. Prazo de execución: dous meses ( no caso de ser necesario realizar modificacións polos resultados da declaración ambiental, concederase un prazo adicional dun mes, a partir da notificación da declaración ambiental).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oito millóns corenta e cinco mil sesenta e seis (8.045.066) pesetas, IVE incluído.

5. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata: cento sesenta mil novecentas unha (160.901) pesetas.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata: trescentas vinteúnha mil oitocentas dúas (321.802) pesetas.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Requisitos específicos do contratista:

8.1 Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente