Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de xaneiro de 2000 pola que se lle outorga a Centros Comerciales Continente, S.A. permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos no establecemento sito na avenida de Alfonso Molina, A Coruña.

Visto o expediente iniciado a instancia de Javier Varela Vázquez, en representación de Centro Comerciales Continente, S.A., no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos na instalación do Centro Comercial Continente sito na Avda. Alfonso Molina, s/n, A Coruña.

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta que no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, no seu artigo 1º se recolle que o devandito centro regulador dependerá do establecemento matriz, formando parte do mesmo local aínda que separado, fisicamente na súa totalidade, da zona de atención ó público.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial da Coruña, de data 22-7-1999, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Centros Comerciales Continente, S.A. (NIF A-12017216), permiso de actividade para a

posta en funcionamento e explotación, do establecemento que a continuación se relaciona:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Centros Comerciales Continente, S.A. sito na avenida de Alfonso Molina, s/n, A Coruña.

-Especies: boi (Cancer pagurus), lumbrigante (Homarus gammarus), centolo (Maja squinado) e nécora (Necora puber).

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 9,185 m.

Superficie de estabulación: 2 piscinas que fan un total de 3,20 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira: terá unha vixencia de dez anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado, por prazos iguais doutros dez anos. Esta petición deberá presentarse nos sesenta (60) días anteriores á fin da vixencia.

Segunda: a localización e as obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente orde e quedarán finalizadas no prazo dun (1) ano.

Finalizadas as obras, o titular comunicarallo á Delegación Territorial da Coruña, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira: o establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta: o titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións; estas non poderán alugarse nin seren destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta: o permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias ou otras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Sétima: o interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura