Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 7-2-2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle reformado para a ordenación de volumes na unidade de actuación norte-27 do PXOU vixente, que modifica os aprobados definitivamente polo Concello Pleno con datas do 7-6-1991 e 25-3-1993, solicitado por José Luis Seijas Santa Cruz, en representación de Centros Comerciales Continente, S.A.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 9 de febreiro de 2000.

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado de Área