Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 27 de decembro de 1999 pola que se recoñece a Cooperativa Provincial de Productores de Ovos de Ourense, S.C.L. como Agrupación de Productores Agrarios (APA), para a comercialización de ovos.

A entidade Cooperativa Provincial de Productores de Ovos de Ourense, S.C.L., con domicilio social na rúa Xoán XXIII, nº 37-baixo, 32003-Ourense, solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de ovos, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás agrupacións de productores e ás súas unións.

Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

ACORDO:

Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de ovos a Cooperativa Provincial de Productores de Ovos de Ourense, S.C.L., con ámbito territorial na provincia de Ourense.

Segundo.-Comunicar ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no rexistro xeral de Agrupacións de Productores e as súas Unións.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria