Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 249/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 220 m de lonxitude, C.T. e R.B.T. no lugar de San Cibrao, nos termos municipais de Curtis e Sobrado (expediente 249/1998), por resolución desta delegación provincial do 29 de xaneiro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 24 de marzo de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Curtis e Sobrado, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 31 de agosto, do 26 de agosto e do 4 de agosto de 1998, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e

así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña