Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/19-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Viñas de Babilonia.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 63 m de lonxitude, con orixe na liña a Santa Cruz e final no C.T.C. Viñas de Babilonia, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Viñas de Babilonia, do que parte rede subterránea con conductor R.V. de 205 m de lonxitude, que conecta con instalación existente. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña