Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. estrada de Castela, 154.
Situación: Narón.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 590 m de lonxitude, con orixe no C.T. Subnormais e final no C.T. en estrada de Castela nº 154 de Narón, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en estrada de Castela nº 154, do que parte rede subterránea de baixa tensión, con conductor R.V. de 125 m de lonxitude conectando con instalación existente. Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 24 de xaneiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña