Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrop, S.L. (Augas de Sousas) de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrop, S.L. (Augas de Sousas) (código convenio nº 3200032) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4-1-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa, o día 3-12-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 20 de xaneiro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de Augas de Sousas

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións incluídas no presente convenio regularán na súa vixencia as relacións laborais que nel se establecen entre a empresa Augas de Sousas e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado polo presente convenio todo o persoal da empresa, agás as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e denuncia.

A duración deste convenio será de 2 anos e os seus efectos económicos comezarán o día 1 de xaneiro de 1999 e finalizarán o 31 de decembro de 2000. O convenio prorrogarase de ano en ano se non fose denunciado por unha das partes, polo menos, cun mes de anticipación ó termo da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas, ata onde alcance o cómputo anual, con aqueloutras que se puidesen establecer por disposición legal ou que establecese a empresa, agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comision mixta composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal.

Por disposición legal, obrigatorias e por necesidades da empresa cómpre crear e definir novas categorías:

-Técnico titulado de laboratorio: é o que, con título de facultativo oficial, realiza as funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

-Laborante: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas que dirixe e orienta na execución dos traballo dun determinado servicio.

-Peón: é o operario que executa labores para os que se require predominantemente esforzo físico, sen necesidade de ningunha práctica operaria. Esta categoría só se lle poderá aplicar ó persoal contratado por tempada para carga e descarga, e non ó ingresar como fixo do cadro de persoal como operario de embotellamento.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo de 40 (corenta) horas semanais. O persoal de distribución e reparto, mentres que estea adscrito a estes traballos, poderá ser excluído da xornada normal sempre que, de común acordo coa empresa, se fixen compensacións económicas para as posibles variacións que poida te-la xornada, tendo en conta as características especiais que presenta a distribución e reparto.

Para os efectos de cómputo como xornada efectiva de traballo, establécese que, no caso de se realizar xornada continua, os traballadores terán dereito a quince minutos de descanso para o bocadillo, por conta da empresa ó longo de todo o ano.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións. O salario que percibirán durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio.

As vacacións serán concedidas de acordo coas necesidades do servicio, procurando comprace-lo persoal, ben que a empresa reserva para si a facultade de concedelas fóra da época de campaña comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas dúas datas incluídas.

Non obstante o anterior, o persoal contido neste convenio terá dereito a fracciona-lo seu descanso vacacional en dous períodos, un de 22 días ininterrompidos e outro de 8 días, tendo sempre presentes as necesidades do servicio.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, tralo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e tempo seguintes:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Dous días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes de ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó disposto en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 da lei.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario ó que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fracción. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ámbolos dous traballaren.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre un mínimo dun tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 10º.-Retribución.

A retribución convida constará de:

Salario base.

Complementos salariais.

Artigo 11º.-Salario base.

O salario base e os complementos salariais que rexerán desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999 serán os que figuran na táboa de salarios anexa, e que supón un incremento de 2,4% sobre o salario base e complementos salariais negociado para o ano 1998.

No ano 1999-2000 a suba salarial será dun 2,5% en tódolos conceptos.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios ó 4% sobre o salario base.

Artigo 13º

Establécese o dereito á percepción dunha gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A contía da gratificación é a que se establece por día de traballo efectivo na táboa de salarios anexa.

O dereito á percepción desa gratificación perderase total ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% da gratificación correspondente ó salario dun día, por falta de puntualidade de ata cinco minutos. A reincidencia deste tipo de falta agravarase co 50%.

b) O 75% da gratificación correspodente ó salario dun día, por falta de puntualidade superior a cinco minutos e ata media hora.

c) O 100% por máis de media hora sen chegar ó día completo.

d) O correspondente a tres días por faltas de asistencia.

e) O correspondente a 15 días pola imposición dunha sanción de carácter moi grave.

f) Abandona-lo traballo antes da hora sinalada, non se incorporar á hora xusta e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

Artigo 14º.-Sistemas de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos. O devandito sistema de remuneración por rendemento representará como actividade normal do traballo a de 100 unidades do sistema centesimal ou 60 puntos Bedaux. A actividade óptima estará valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos Bedaux.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias que serán aboadas unha en xullo, outra en decembro e outra no primeiro trimestre do ano por anos vencidos, aboándose a razón dunha mensualidade a salario real.

Artigo 16º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación, concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade, en proporción ós seus anos de servicio na empresa, conforme a seguinte escala:

5 anos: 2 mensualidades.

10 anos: 3 mensualidades.

15 anos: 4 mensualidades.

20 anos: 5 mensualidades.

25 anos: 6 mensualidades.

De 30 en diante: unha anualidade.

Artigo 17º.-Gratificación de vixilancia e garda xurado.

En concepto de perigosidade establécese unha gratificación para os que exerzan as anteditas funcións, consistente no 10% do salario base.

Artigo 18º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós seis anos de exerceren as devanditas funcións na empresa, deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 19º.-Seguro de vida, accidentes e invalidez permanente.

A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado polo presente convenio que cubra as seguintes continxencias e coas seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente: 3.600.000 pesetas.

-Morte por calquera outra causa: 1.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 4.100.000 pesetas.

O beneficiario no caso de invalidez permanente será o traballador, o caso de morte nas dúas modalidades que recolle o convenio será o cónxuxe ou, se é o caso, os dereito-habentes do traballador asegurado.

O prazo para concertar este seguro para o persoal de novo ingreso será de tres meses a partir do día en que o traballador entre na empresa.

Artigo 20º.-Gratificacións por casamento.

Tódolos traballadores con antigüidade de alomenos tres anos na empresa terán dereito, cando casen, a unha gratificación dun mes de salario máis antigüidade.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal.

Cando un traballador se encontre en situación de incapacidade temporal como consecuencia dun accidente de traballo percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir do día seguinte ó de se produci-lo accidente.

Cando un traballador se encontre en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente non laboral, enfermidade común ou enfermidade profesional percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir do primeiro día que se encontre na dita situación.

Cláusula derradeira.

En todo o que non estea previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na regulamentación de establecementos balnearios do 3 de xuño de 1959 e nas demais disposicións legais vixentes.

Táboa de salarios para o ano 1999.

PersoalSalarioPCI

Persoal técnico
Licenciados titulados superiores144.428
Técnicos titulados123.013
Peritos e asimilados123.013

Non titulados
Encargado xeral123.013
Encargado de sección114.848

Persoal administrativo
Xefe de 1ª83.4431.882
Xefe de 2ª83.4431.882
Oficial de 1ª83.4431.882
Oficial de 2ª83.4431.882
Auxiliar83.443861

Persoal comercial
Xefe de vendas123.013
Inspector de vendas81.5361.408

Persoal obreiro
Capataz2.8801.408
Operario de embotellamento2.8801.245
Aprendiz2.880

Oficios varios
Oficial de 1ª2.8801.408
Conductor repartidor2.8801.408
Oficial de 2ª2.8681.248
Oficial de 3ª2.8681.248
Axudante, conductor, laborante2.948861

Persoal subalterno
Peón, almaceneiro, ordenanza2.521872
Cobrador, vixilante, porteiro2.521872
Conserxe, telefonista2.521872
Xardineiro, limpadora2.521872

Táboa de salarios para o ano 2000.

PersoalSalarioPCI

Persoal técnico
Licenciados titulados superiores148.038
Técnicos titulados126.088
Peritos e asimilados126.088

Non titulados
Encargado xeral126.088
Encargado de sección117.719

PersoalSalarioPCI

Persoal administrativo
Xefe de 1ª85.5291.929
Xefe de 2ª85.5291.929
Oficial de 1ª85.5291.443
Oficial de 2ª85.5291.929
Auxiliar85.529882

Persoal comercial
Xefe de vendas126.088
Inspector de vendas85.5291.443

Persoal obreiro
Capataz2.9521.443
Operario de embotellamento2.9521.276
Aprendiz2.952

Oficios varios
Oficial de 1ª2.9521.443
Conductor repartidor2.9521.443
Oficial de 2ª2.9391.279
Oficial de 3ª2.9391.279
Axudante, conductor, laborante2.994882

Persoal subalterno
Peón, almaceneiro, ordenanza2.581893
Cobrador, vixilante, porteiro2.581893
Conserxe, telefonista2.581893
Xardineiro, limpadora2.581893