Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xaneiro de 2000 pola que se convocan probas para a constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de febreiro de 2000.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 24, do venres, 4 de febreiro de 2000, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 1.473, onde di: «Xosé Inacio Palomares Rodríguez, xefe do Servicio provincial de transportes de Ourense», debe dicir: «Antonio González Lage, xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo».