Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.309

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 23/2000, do 28 de xaneiro, polo que se regula a cobertura con carácter temporal dos postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais mentres non se cubran con carácter definitivo, en aplicación da sentencia 486/1998, do 17 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no DOG nº 30, do 14 de febreiro de 2000, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na letra B.3 do anexo, onde di: «por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios...»; debe dicir: «por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas en corpos ou escalas equiparables ó corpo facultativo superior da Xunta da Galicia (grupo A), escala de veterinarios...».