Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Pleno do Concello da Estrada, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2000, acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana, redactado pola empresa Arteplan, S.A.

Igualmente, acordouse abrir un prazo de información pública durante un mes, que se contará a partir da publicación deste anuncio no DOG, podendo desde esta data ser examinados os documentos que compoñen o plan, na sala de xuntas da casa do concello das 9 ás 14 horas, e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Na mesma sesión adoptouse o acordo de que a suspensión de licencias será total nas zonas comprendidas en polígonos; e no resto do territorio, tanto en solo urbano como rústico, poderán concederse licencias aplicando, das normas subsidiarias ou do plan xeral en tramitación, a norma que sexa máis restrinxida.

A Estrada, 3 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado