Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación da obra de acondicionamento de praia fluvial no río Chamoso, sométese a información pública por prazo de oito (8) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos establecidos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Simultaneamente anúnciase a contratación daquela obra, coa salvidade de que se aprazará no suposto de que se produza algunha reclamación contra o citado prego, ata a súa resolución polo Pleno do Concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Corgo.

2. Obxecto e características do contrato: acondicionamento de praia fluvial, no río Chamaso.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Orzamento base de licitación: 14.373.078 pesetas.

-Garantía provisional: 287.462 pesetas.

-Garantía definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de contratación: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Corgo.

b) Domicilio: estrada nacional VI, s/n.

c) Localidade e código postal: O Corgo, 27163.

d) Teléfono: 982 30 21 00.

e) Fax: 982 30 20 68.

f) Data límite de obtención de documentación e información: doce días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

5. Requisitos específicos do contratista: terá clasificación G-6-C ou xustificación da súa solvencia económica, así como técnica, por calquera dos medios de acreditación relacionados respectivamente nos artigos 16 e 17 da Lei 13/1995, do 15 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que deberán presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para este contrato.

c) Lugar e forma de presentación: na Secretaría do Concello do Corgo, en sobres pechados, entre as 10 e as 14 horas.

7. Apertura de ofertas: no salón de actos da Casa do Concello do Corgo, ás 13 horas do 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas. Se coincidise en sábado atrasarase ó seguinte día hábil.

8. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

a) Unidades de obra adicionais, ata 2 puntos.

b) Obras realizadas para as administracións públicas, ata 1 punto.

c) Obras realizadas para o concello, ata 1 punto.

d) Prezo, ata 1 punto.

e) Prazo de execución, ata 2 puntos.

f) Equipos técnicos que o contratista se compromete a poñer á disposición da obra, ata 1 punto.

g) Medios materiais que o contratista se compromete a poñer á disposición da obra para a súa execución, ata 2 puntos.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos motivados por anuncios.

O Corgo, 4 de febreiro de 2000.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde