Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración de mobiliario para o Servicio Provincial de Consumo de Lugo.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para o Servicio Provincial de Consumo de Lugo do Instituto Galego de Consumo.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 227, do 24-11-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 4.300.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 22-12-1999.

b) Contratista: Comercial J.E. Varela, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 3.994.270 pesetas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo