Por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 3 de febreiro de 2000, acordou declara-lo denominado Plan Sectorial de Saneamento e Recuperación do Contorno das Rías da Coruña e O Burgo e Concellos Limítrofes como plan sectorial de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
De conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da devandita Lei 10/1995, sométese a información pública o referido plan sectorial co fin de que toda persoa física o xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo dito plan, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (edificios administrativos de San Caetano, s/n) e nas da súa Demarcación Galicia-Norte na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1-2º), podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que
se consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia