Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.150

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 25 de novembro de 1999 para a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para o Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A.1. Posto: profesor de aloxamento. Área de recepción (Ref. ALR-1499).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, participará na preparación das materias da área (incluíndo elaboración de material) así como na impartición de clases e avaliación de alumnos. Así mesmo, colaborará na organización e xestión do funcionamento da residencia do centro.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º xefe de recepción ou posto superior.

-Experiencia docente.

-Coñecementos de inglés ou francés.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Exame de coñecementos profesionais eliminatorio (ver temario anexo I).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000 e Microsoft Excel 2000.

-Proba oral e escrita de inglés e/ou francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

A.2. Posto: adxunto á dirección. Coordinador de Stages (Ref. STG-1599).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión da dirección do Centro Superior de Hostalería de Galicia, asumirá o deseño, desenvolvemento, coordinación e seguimento das prácticas en empresas dos alumnos, encargarase da xestión dos puntos de venda de restauración así como dos servicios xerais (almacén, mantemento...).

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Formación en xestión hostaleira.

-Experiencia en postos de responsabilidade de empresas do sector hostaleiro ou docente de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán en cadeas hostaleiras.

-Dominio de inglés e/ou francés.

-Dispoñibilidade para viaxar.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de xestión hostaleira.

-Tratamento de textos e folla de cálculo (Microsoft Office).

-Capacidade de dirección e integración en equipos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Exame de coñecementos profesionais eliminatorio (ver temario anexo I).

-Proba oral e escrita de inglés e/ou francés.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000 e Microsoft Excel 2000.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

A.3. Posto: profesor de prácticas de cociña (Ref. COC-1699).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos) así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia docente.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º de cociña (ou posto superior).

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo I).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000.

-Proba oral e escrita de inglés e/ou francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

A.4. Documentación que se presentará:

-Solicitude por praza a que se opta, indicando a referencia, dirixida ó director do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

A.5. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A.6. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

ANEXO

Proba de coñecementos

-Profesor de aloxamento. Área recepción.

1. Organización e funcións da área de recepción.

2. Atención telefónica.

3. As reservas e a súa xestión.

4. Check-in.

5. Control e xestión da estadía.

6. Man-corrente e facturación: check-out.

7. Departamento de conserxería.

8. Distribución e comercialización do producto hostaleiro.

9. Control, xestión e certificación da calidade na hostalería.

10. Determinación de prezos.

-Adxunto á dirección. Coordinador de stages.

1. Tipos de servicio (restaurante, bar, cafetería).

2. Xestión de compras e almacén.

3. Control de custos en hostalería.

4. Comercialización da área de restauración.

5. Comercialización da área de aloxamento.

6. Organización do departamento de alimentos e bebidas.

7. Organización do departamento de aloxamento.

8. Fixación de prezos.

9. Confección de orzamentos.

10. Regulación xurídica do sector hostaleiro.

-Profesor de prácticas de cociña.

1. Equipamento e maquinaria en cociña.

2. Tratamento dos alimentos.

3. Fondos e salsas.

4. Métodos de cocción.

5. Hixiene en cociña.

6. Organización do traballo e a brigada de cociña.

7. Elaboración e planificación de menús e cartas.

8. Recepción de mercadorías e almacenaxe.

9. Xestión de stocks.

10. Control de custos en cociña e fixación de prezo de venda.