1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 12946/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de impresos, material de oficina e papel para fotocopiadora.
Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.
Lotes: si, tres lotes.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: lote 1: 10.356.000 ptas., lote 2: 2.375.000 ptas. y lote 3: 3.000.000 de ptas.
5. Garantías: provisional: dispensada.
Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.3 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 9 de febreiro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde