Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da UE V-A/B do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón (expediente 5038/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de novembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UE V-A/B do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, formulado pola xunta de compensación da devandita unidade de execución e redactado polo arquitecto José M. Alonso Ogando con visado do COAG de datas 30 de novembro de 1998 e 2 de marzo de 1999 e texto refundido da memoria con visado do 6 de abril de 1999.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 21 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo