Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 143/1998).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Muíño do Vento (Sada).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,371 km coa orixe na L.M.T. a C.T. Vilar (expediente 50697) e final no C.T. proxectado Muíño do Vento, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V. Tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,393 km, de lonxitude coa orixe no C.T. proxectado Muíño do Vento, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. No termo municipal de Sada.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 9-7-1998, no BOP do 11-6-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 8-6-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Sada ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña