Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se convocan cursos de utilización das fontes estatísticas para profesores de ensino secundario obrigatorio e de bacharelato.

En cumprimento da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan galego de estatística 1998-2001 e para a execución da operación estatística denominada Formación en procedementos estatísticos, subscribiuse un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convocan cursos, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Curso de utilización das fontes estatísticas para profesores de ensino secundario obrigatorio e de bacharelato.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionarlles formación práctica na área de estatística ós profesores de ESO e de bacharelato que presten servicios na Comunidade Autónoma de Galicia e dar a coñece-las estatísticas elaboradas polo IGE.

Terceira.-Destinatarios.

Profesores de ESO e de bacharelato con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo I desta resolución, á que se deberá achegar unha copia compulsada do documento acreditativo da condición de profesor.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 20 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Quinta.-Selección.

A selección farase por rigorosa orde de presentación de solicitudes.

A relación de seleccionados para participar nos cursos exporase nos taboleiros do IGE e da EGAP.

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 30 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística, complexo administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: os cursos desenvolveranse en dúas quendas:

18, 24, 25 e 31 de maio e 7, 8, 14, 15, 21 e 22 de xuño.

5, 6, 7, 12, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de setembro.

Horario: de 16.30 a 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso.

Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar a baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

Organización e fontes estatísticas. Introducción á análise exploratoria de datos. Ferramentas estatísticas utilizables nas estatísticas demográficas, sociais, económicas estructurais e económicas conxuntarais.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública